Tuesday 07 de May de 2024

Máis de 200 nadadoras participarán no VIII Trofeo Concello de Oleiros de natación artística


A piscina do INEF, en Bastiagueiro, acolle o vindeiro sábado 15 de abril o VIII Trofeo Concello de Oleiros de Natación Artística. A competición desenvolverase en xornada de mañá, a partir das 9:00, e está prevista a participación de 218 nadadoras de diferentes clubs de toda Galicia.

As categorías nas que se disputará o trofeo serán infantil -rutinas libres de equipo e rutinas libres combinadas- e júnior -rutinas de equipo e rutina acrobática-. Ademais, intercaladas coas categorías de competición, participarán as escolas dos clubs con nadadoras menores de 12 anos en formato de exhibición.

O Club Acuátic Oleiros exercerá como anfitrión dunha proba coa que o Concello de Oleiros pretende promocionar e fomentar esta especialidade deportiva.